Hoxe na hora de Titoría límos e comentamos a NORMATIVA BÁSICA DE FUNCIONAMENTO E CONVIVENCIA
- O alumno/a participa no Consello Escolar do Centro a través dos seus representantes
- Con carácter individual, o alumnado pode participar na vida escolar do Centro a través do propio traballo escolar e da colaboración activa no funcionamento ordinario do seu grupo ou clase
- Consello de clase:
- O consello de clase é un órgano de representación e participación do alumnado dunha clase
- Está formado polo Delegado ou Delegada, Subdelegado/a, e Vocais (cultura,convivencia,disciplina, orde, pastoral...). Son Elexidos polos compañeiros e polas compañeiras de clase.
- Reúnense sempre que o solicite a Delegada//Delegado ou a Titora/Titor.
4. É obrigada a asistencia e participación en todas as actividades escolares e complementarias que organiza o Centro para todo o alumnado ou sección.
5. Asistencia e Puntualidade:
- Dado que a avaliación é contínua, é obrigatoria á asistencia diaria ás clases.
- Informar, previamente e por escrito, dos retrasos ou das ausencias previstas.
- Avisar por teléfono, ao Centro, dos retrasos ou das ausencias non previstas.
- Entregar os xustificantes, por escrito, de quen teña a responsabilidade, das faltas de asistencia á clase ou a outras actividades educativas.
- No caso de teren un número de faltas inxustifacadas, superior ao 10% de duración do módulo, o alumno ou alumna perde o dereito á avaliación contínua e incorpórase a un sistema de avaliación extraordinaria.
- Seis faltas de puntualidade equivalen a unha hora de ausencia.
- As faltas de asistencia e puntualidade son cualificadas conforme aos criterios de avaliación.
6. Os traballos e máis os exames son avaliados polo seu contido, pola súa presentación, pola ortografía e pola correción na expresión.
7. Nos exames de carácter práctico, aplícase unha maior porcentaxe á actitude do alumno ou alumna na súa avaliación.
8. Os exames son fixados por cada profesor ou profesora co alumnado respectivo, segundo criterios acordados, e realízanse nos días fixados. Para mellor seguir o proceso de aprendizaxe dos Alumnos sonlle aplicadas, en calquera momento, probas orais ou escritas do contido que se está estudando en cada materia.
9. Os criterios de cualificación e de avaliación son establecidos previamente polo Seminario Didáctico
están informados os alumnos.
10. No caso de ausencia dun profesor, os alumnos manteñen o seu ritmo habitual de traballo desenvolvendo aquelas actividades que se lle encomenden do mesmo módulo-área- ou de calquera outro módulo, segundo criterio do profesor. O Delegado ou delegada de curso notifica á Directora ou ao Xefe de Estudos a condición na que se encontra a clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario